domingo, 10 de maio de 2020

Traballo semanal!

Boas a todas e todos!

Esta semana ademáis de seguir afondando nas emocións e no medo, non podemos esquecer o Día das Letras Galegas.

Por iso traballaremos nas dúas cousas. Por un lado déixovos o traballo relacionado co medo no seguinte enlace e por outro, un xogo sobre o autor homenaxeado.

ENLACE AO TRABALLO. Aquí tedes o traballo semanal da titora.

ENLACE AO XOGO. Trátase dun  "escape room" feito por unhas compañeiras de profesión con motivo da celebración das Letras Galegas que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Si vos apetece seguir xogando e aprendendo podedes optar polos seguintes enlaces:

ENLACE AO DOCUMENTO. Como cada ano, o seminario Galán  edita unha serie de documentos e xogos para que todos os nenos e nenas poidan aprender sobre o autor ou autora ao que se lle adica o día das Letras Galegas. 

No enlace de arriba tedes o documento de actividades para 4º de educación primaria e no seguinte enlace tedes as actividades en liña que sempre son máis divertidas.

ENLACE ÁS ACTIVIDADES EN LIÑA

Non perdades a oportunidade de aprender e xogar  ao mesmo tempo. Estou segura de que aos nenos e nenas lles vai encantar.

Un saúdo!





Ningún comentario:

Publicar un comentario