mércores, 17 de xuño de 2020

Preparando as vacacións!

Boas a todos e todas:

Chegou o remate de curso e con el as vacacións de verán, así que é tempo de despedirse de vós e desexarvos un verán cheo de aventuras.

O verán será unha das épocas do ano da que máis vos recordedes de maiores por moitos motivos:  as festas (aínda que este ano non poderemos desfrutar de moitas), as longas tardes na praia, os amigos e as amigas que veñen doutros lugares pasar aquí as vacacións, a calma, o non ter que madrugar e poder almorzar con tranquilidade...




O verán non é época para traballar no estrictamente académico aínda que hai centos de plans divertidos para poder facer en familia ou coas amistades.

Por iso vos invito a probar certas cousas:

ELABORAR UNHA COMETA:




COLOREAR CONCHAS DO MAR

Pintura en conchas | Conchas pintadas, Conchas marinas pintadas ...

Manualidades para niños - manualidades originales y fáciles -

COCIÑAR EN FAMILIA


ELABORAR UN DIARIO DE VERÁN

Diario infantil "Mis sueños" | Diari infantil "Els meus somnis ...


CONSTRUIR UN ABANO



FACER ALGO SINXELO DE PAPIROFLEXIA




Desfrutade das vacacións e collede moito ánimo para quinto!!

Sorte. Unha aperta forte. 
Susana. L. H. 


luns, 15 de xuño de 2020

Os nosos traballos!

Boas a todos e todas:

Deixo nesta entrada algúns dos vosos traballos sobre as emocións traballadas: 


A LEDICIA E A SORPRESA























luns, 8 de xuño de 2020

Que sorpresa!

Boas a todos e todas:

Estamos na quincena da sorpresa, así que aquí tedes as vosas caras de asombro e como non podía ser doutro modo, con sorpresa incluída!

Non vos asustedes con esas caras tan raras que tedes!!!






martes, 2 de xuño de 2020

Os nosos collage de alegría!

Boas a todos e todas:

Aquí vos deixo unha mostra das obras de arte realizadas polo alumnado de cuarto de primaria do CEIP Península da Paz de San Cibrao sobre a Alegría. Estes rapaces e rapazas son uns artistas!!!