Boas a todos e todas:
Chegou o remate de curso e con el as vacacións de verán, así que é tempo de despedirse de vós e desexarvos un verán cheo de aventuras.
O verán será unha das épocas do ano da que máis vos recordedes de maiores por moitos motivos: as festas (aínda que este ano non poderemos desfrutar de moitas), as longas tardes na praia, os amigos e as amigas que veñen doutros lugares pasar aquí as vacacións, a calma, o non ter que madrugar e poder almorzar con tranquilidade...
O verán non é época para traballar no estrictamente académico aínda que hai centos de plans divertidos para poder facer en familia ou coas amistades.
Por iso vos invito a probar certas cousas:
ELABORAR UNHA COMETA:
COLOREAR CONCHAS DO MAR
COCIÑAR EN FAMILIA
ELABORAR UN DIARIO DE VERÁN
CONSTRUIR UN ABANO
FACER ALGO SINXELO DE PAPIROFLEXIA
Desfrutade das vacacións e collede moito ánimo para quinto!!
Sorte. Unha aperta forte.
Susana. L. H.
Ningún comentario:
Publicar un comentario