domingo, 31 de maio de 2020

TRABALLO SEMANAL

Boas a todos e todas:

Esta quincena traballaremos sobre a SORPRESA E O ASOMBRO.  

Vouvos deixar aquí todas as tarefas para estas dúas primeiras semanas de xuño. 

Moito ánimo que estamos chegando ao final e as vacacións de verán xa están cerca. 

Non vos agobiedes porque xa vedes que son para 15 días. Facede o que poidades e xa sabedes que non é obrigatorio senón so unha recomendación para non perder a conexión co traballo escolar e ter unha rutina que nos mantén conectados co proceso ensinanza/aprendizaxe.








Un saúdo!




venres, 29 de maio de 2020

REMATAMOS A QUINCENA DA ALEGRÍA

Boas de novo:

Rematamos a quincena da alegría, da ledicia, da felicidade, da dita...

Pois para finalizar temos por aquí un montón de sorrisos. A ver si sodes capaces de recoñecelos todos. Tamén hai profes!!! 


















mércores, 27 de maio de 2020

Repasamos os animais vertebrados!

Boas a todos e todas:

Un dos temas que máis lles gusta aos nenos e nenas son os animais. Este tema xa foi traballado na aula, polo que decidimos repasalo tamén nas nosas casas. 

Para eso o alumnado realizou un esquema de cada tipo de animal vertebrado que existe e acompañouno dun debuxo do animal que el escollera.

Aquí tedes unha mostra dos seus traballos.

ESQUEMAS XERAIS DE CLASIFICACIÓN:






MAMÍFEROS



















AVES





RÉPTILES




PEIXES






ANFIBIOS



























luns, 25 de maio de 2020

Elaboramos viñetas cómicas

Boas a todos e todas:

Esta quincena estamos a traballar a Ledicia e  comentamos algunhas viñetas de Luis Davila, gran humorista galego.


Luis Davila on Twitter: "Protección contra o Coronavirus ...

DEspois elaboramos as nosas propias tiras cómicas e estes son algúns dos nosos traballos:





















venres, 22 de maio de 2020

EMOCIÓN: A LEDICIA

Boas a todos e todas:

Imos falar un pouquiño da ledicia ou alegría, esa que se demostra en moitas ocasións cun sorriso. 

E vós sabíades que temos máis de 30 músculos faciais e que ao sorrir estamos exercitando uns 24?  

Así que non o dubidedes e a facer músculo sorrindo sen parar.

Gustaríame que me fixérades chegar unha canción que vos produza alegría e ledicia ao escoitala. Eu despois ireinas colgando aquí para que todos poidamos desfrutar delas!

Eu própoñovos para a fin de semana un par de cousiñas:

Para rir en familia propóñovos ver esta canción e intentar bailala con vosos pais, nais, avós, avóas e irmáns.



Despois de bailar podedes relaxarvos, e para iso, aquí tedes un conto que narra a historia da cebra Lily cando descubriu o sorriso.




Bo fin de semana a todos e todas!


mércores, 20 de maio de 2020

Saudamos a Blanca!!

Boas.

Os nenos e nenas de 4º do Ceip Península da Paz querían despedirse de Blanca que estivo de prácticas por segundo curso consecutivo no noso cole e na nosa titoría.

O COVID-19 non nos permitiu despedirnos como nos gustaría, pero con esto das novas tecnoloxías todo é máis sinxelo. Así que aquí están as nosas mensaxes.



SAMUEL

ALESANDER


ABEL

LARISSA

                                                                            DANI


ÁNGELA



domingo, 17 de maio de 2020

Traballo semanal

Boas:

Chegou a segunda das emocións que imos traballar e trátase da ALEGRÍA! 

Déixovos por aquí os enlaces a todas as tarefas, tanto as de especialistas como as miñas. Todas elas son quincenais. As miñas actividades teñen unha  temporalización por semanas.

TAREFAS TITORA 8º SEMANA

TAREFAS TITORA 9º SEMANA



RELIXIÓN

Recordade ir enviando fotos dos vosos traballos aos distintos e-mails ou tamén á titora por whatsApp.

Dentro duns días envíovos algúns xogos, cancións e vídeos que traten sobre a alegría, a ledicia...

Un saúdo.



Remata a quincena do MEDO

Boas rapaces e rapazas:

Chegaron ao seu fin as tarefas relacionadas co MEDO e os vosos traballos estiveron xenial. 

Deixo por aquí unha mostra das vosas representacións do medo e os vosos debuxos monstruosos.