venres, 22 de maio de 2020

EMOCIÓN: A LEDICIA

Boas a todos e todas:

Imos falar un pouquiño da ledicia ou alegría, esa que se demostra en moitas ocasións cun sorriso. 

E vós sabíades que temos máis de 30 músculos faciais e que ao sorrir estamos exercitando uns 24?  

Así que non o dubidedes e a facer músculo sorrindo sen parar.

Gustaríame que me fixérades chegar unha canción que vos produza alegría e ledicia ao escoitala. Eu despois ireinas colgando aquí para que todos poidamos desfrutar delas!

Eu própoñovos para a fin de semana un par de cousiñas:

Para rir en familia propóñovos ver esta canción e intentar bailala con vosos pais, nais, avós, avóas e irmáns.



Despois de bailar podedes relaxarvos, e para iso, aquí tedes un conto que narra a historia da cebra Lily cando descubriu o sorriso.




Bo fin de semana a todos e todas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario