luns, 4 de maio de 2020

TRABALLO SEMANAL

Boas nenos e nenas:

Como xa vos explicamos, imos empezar a traballar coas emocións e esta primeira quincena toca O MEDO!!

Tedes toda a explicación na web do centro

Tanto as titoras como as especialistas estivemos preparando as actividades para as diferentes materias. 

A continuación tedes ese traballo nos seguintes enlaces.

TITORA: Este traballo é semanal. Tanto a titora de 3º coma eu temos preparado outro traballo para a seguinte semana, pero preferimos envialo pouco a pouco para ir tendo un seguimento das actividades nunha temporalización máis curta.

Pola miña parte non quero que vos agobiedes, pero sí que o fagades ben. Si vedes que é moito ou que por motivos persoais non podedes facelo todo, elixides. O que se faga que sexa curioso e con ganas. 

Na reunión do xoves iremos vendo as respostas a estas actividades.

O traballo dos especialistas é quincenal, polo que tedes estas dúas semanas para facelo.



Relixión

Educación Física

Si tedes algunha dúbida, a preguntarme!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario