Boas a todos e todas:
O vindeiro domingo celébrase o Día das Letras Galegas como recoñecemento a aquelas persoas que tiveron un papel importante na literatura galega e na defensa da nosa lingua.
Durante estes dous cursos, que estivemos xuntos, sempre analizamos o motivo polo que se celebran as conmemoracións un día concreto e non outro.
A pensar!! Quen de vós se acorda de por que o día das Letras Galegas é o 17 de maio?
A pensar!! Quen de vós se acorda de por que o día das Letras Galegas é o 17 de maio?
Recordades a Rosalía de Castro que investigamos sobre ela no mes de Febreiro e fixemos a nosa obra de arte sobre ela?
E lembrades a súa Obra Cantares Gallegos?
Pois o 17 de maio de 1863 foi a data na que se publicou por primeira vez ese libro.
Neste ano 2020 adícase o día a Ricardo Carvalho Calero. Anímovos a coñecelo un pouquiño máis cun libro dos Bolechas que podedes ler e descargar no seguinte enlace.
Tamén vos deixo por aquí un conto infantil escrito por este autor que podedes ver e escoitar en familia.
Espero que vos guste.
Bo día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario