luns, 27 de abril de 2020

Apócema contra o coronavirus

Boas! 

Como estades? Espero que ben e que dentro de pouco poidamos vernos de novo.

Esta semana para traballar Lingua Galega propóñovos convertirvos en bruxos e bruxas e elaborar as vosas propias apócemas para rematar co coronavirus.

Pensade que alimentos, menciñas, ingredientes, plantas ou calquera cousiña que se vos ocurra, meteríades no pote para que surxa a maxia e o coronavirus desapareza.

Despois de pensalo, teredes que escribilo nun folio coas seguintes partes:

- Título co nome da apócema.
- Ingredientes.
- Elaboración.
- Resultado.
- Debuxo.

Cando rematedes, podedes enviarme as fotos dos vosos traballos e eu irei poñéndoas aquí.


De pócimas mágicas y desarrollo económico « Revista Este País




O resto do traballo semanal está no seguinte enlace.

Unha aperta forte para todos e todas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario