mércores, 29 de abril de 2020

Vídeo da Semana do clima

Boas rapaces e rapazas!

Nesta ocasión déixovos o vídeo que fixemos na semana do clima, case ao inicio de curso e coa participación e colaboración de María.

Vós xa o puidéstedes ver na clase algunha vez, pero seguro que ás vosas familias lles vai encantar! 

Tamén podedes aproveitar e enviarlle o enlace a eses familiares que agora non poden vervos de cerca, porque de seguro lles vai facer moita ilusión.



Espero que vos guste. 

Biquiños!




luns, 27 de abril de 2020

Apócema contra o coronavirus

Boas! 

Como estades? Espero que ben e que dentro de pouco poidamos vernos de novo.

Esta semana para traballar Lingua Galega propóñovos convertirvos en bruxos e bruxas e elaborar as vosas propias apócemas para rematar co coronavirus.

Pensade que alimentos, menciñas, ingredientes, plantas ou calquera cousiña que se vos ocurra, meteríades no pote para que surxa a maxia e o coronavirus desapareza.

Despois de pensalo, teredes que escribilo nun folio coas seguintes partes:

- Título co nome da apócema.
- Ingredientes.
- Elaboración.
- Resultado.
- Debuxo.

Cando rematedes, podedes enviarme as fotos dos vosos traballos e eu irei poñéndoas aquí.


De pócimas mágicas y desarrollo económico « Revista Este País




O resto do traballo semanal está no seguinte enlace.

Unha aperta forte para todos e todas!!

domingo, 26 de abril de 2020

As nosas paisaxes


Boas!!!

Cando nos dixeron que se anulaban as clases presenciais estabamos a traballar e estudar as paisaxes, polo tanto os nenos e nenas de 4º seguen a facelo desde as súas casas e coa axuda das súas familias.

Moitas gracias





























venres, 24 de abril de 2020

Rematamos a Semana do libro

Boas!
Para rematar a semana do libro, invítovos a ler porque ler abre as portas da imaxinación e nos transporta a lugares lonxanos que non atoparemos de ningún outro modo.

Hoxe podedes ver este pequeno corto a ver que vos parece. 


Como o seu protagonista, ogallá todos e todas vós sexades persoas Come Libros.

(Saída, outubro 2019)

Un saúdo e bo día!

xoves, 23 de abril de 2020

Semana do Libro: As recomendacións dos nenos e nenas de 4º

Boas a todos e todas:

Hoxe, día 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro, polo que os centros escolares temos a obriga e o deber de conmemoralo.

Pero ademáis, o martes pasado celebrouse o Día da creatividade e a innovación, polo que os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Península da Paz, estamos de dobre celebración e por eso estivemos traballando nunha serie de recomendacións literarias. 

Moitas grazas a todos e todas por participar desde as vosas casas con actividades tan fermosas. 



RECOMENDACIÓN DE MANUEL: UN LIBRO.




 RECOMENDACIÓN DE DANI: EL PRINCIPITO.




RECOMENDACIÓN DE LARISSA: Enchantimals




RECOMENDACIÓN DE ROI: DIARIO DE UN ALDEANO PRINGAO.




RECOMENDACIÓN DE ÁNGELA: EL UNIVERSO



RECOMENDACIÓN DE ABEL: LAS AVENTURAS DE ULISES



RECOMENDACIÓN DE YERAY: LA MATERIA OSCURA.


RECOMENDACIÓN DE BRAIS:  HAY UNA VACA EN LA NEVERA.



RECOMENDACIÓN DE SAMUEL: DIARIO DE GREG: LA LEY DE RODRICK



RECOMENDACIÓN DE UXÍA: LA NIÑA Y EL PEZ, POEMAS PARA LA PAZ.




mércores, 22 de abril de 2020

Semana do Libro.

Bos días  todos e todas:

Para empezar a festexar a día do libro que se celebra mañá, Baía Edicións bríndanos a oportunidade de poder descargar e ler varios libros de forma gratuíta.

Deixo a continuación o enlace. 


Como podedes ver hai propostas de lectura desde os 4 anos, polo que aproveitade esta ocasión e a ler!!!



(Unha foto da Rosalía da nosa clase)


Un saúdo!

martes, 21 de abril de 2020

Vídeo con recordos do curso!


Boas chicos e chicas!

Aquí vos deixo un vídeo que fixen con recordos deste curso. 

A verdade, que visto así, fixemos moitas cousas, seguiremos facendo outras tantas aínda que sexa doutro modo. 


Un bico grande da vosa profe.




sábado, 18 de abril de 2020

Traballo para a Residencia de San Cibrao

Boas!!!

Deixo tamén por aquí as cartas que escribístedes para a Residencia e o vídeo que lles enviamos.

Simplemente hai que pinchar no seguinte enlace:

Cartas 



Vídeo:
  



Comezamos blog!

Boas a todos e todas.

Comezamos unha nova aventura co inicio deste blog nesta etapa un tanto complicada que estamos a vivir.

Creo que esta ferramenta vainos axudar a todos a estar máis unidos e poder visibilizar o noso traballo durante este confinamento, ao mesmo tempo que ir recordando momentos pasados do curso.

Irei colgando as novas neste blog así como o traballo semanal a realizar (tamén seguirá estando na web do centro).

Un saúdo!

(Unha foto do Nadal pasado)